Compartir
Bota un ollo e deixa o tempo pasar.
 ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌ ‌
Compostela Cultura
[Imaxe: Riccardo Lucon en Pexels]

Estás a piques de te subir polas paredes? Nós tamén. Pero mentres tentamos adiar todos os eventos posibles para que á fin do confinamento poidas asistir a canto espectáculo tiñamos programado, traémosche un feixiño de propostas en aberto. Esperamos que, cando menos, así o tempo pase máis axiña. Forza!

Se queres recibir contidos coma estes directamente na túa caixa de correo electrónico, subscríbete á AxendaC!

1. Para escoitar
[Imaxe: Skitterphoto en Pexels]

Os audiolibros da colección Liñas Paralelas da SELIC conteñen relatos de H.P. Lovecraft, A. Chekhov, G. Apolinaire, W.F. Harvey, A. Bierce M. Schwob, K. Chopin, F. Kafka, M. Proust e Saki. Contan coa interpretación de Pepe Sendón e coa ambientación sonora de Marcos Teira, á guitarra, Nenoescuro (Rafa Xaneiro), á electrónica e Suso Alonso, ao piano. Gravación de voz, mestura, edición e masterización final realizadas por Antonio Vázquez. Unha iniciativa da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e en colaboración coa Radio Galega.
Preme en cada imaxe para escoitar o relato ou descarga o audiolibro completo no botón inferior.
Lovecraft | O vello terrible
Chekhov | Un calendario vivo
 
Apollinaire | O mariñeiro de
Amsterdam
Harvey | Carlor de agosto
 
Bierce | Unha noite de verán
Schwob | Cyril Tourneur
 
Chopin | A historia dunha hora
Kafka | Un fratricidio
 
Proust | Lembranza
Saki | Sredni Vashtar
 
Como saberás, a terceira edición do Festival Alguén que Respira, que se ía celebrar do 18 ao 21 de marzo, tivo que ser aprazada. Pero coa certeza de que a poesía é un bo remedio contra o illamento da corentena, a organización decidiu trasladalo á web. Podes xa botar unha escoita aos versos que as e os poetas nos deixaron para facer fronte a estes días. Coa escrita e as voces de Blanca Llum, Eva Veiga, Rafa Lobelle, Beatriz Chivite, María Lado, Rosalía Fernández Rial, e Antón Reixa. E a partir de hoxe novos audio e vídeo-poemas.
Dende acó, reproducimos a súa máxima: Contra o confinamento, palabra, liberdade e poesía.
E ollo que están a agromar outras moitas iniciativas como Músicas dende o sofá, con concertos, obradoiros e clases en directo con músicos como Margarita Mariño, Abe Rábade, Xulia Feijoo, Guillerme Ignacio e Diana Tarín. Non as perdas!
2. Para ler
[Imaxe: Emily en Pexels]

Se o teu é o papel (así sexa dixital) tamén podes deixar o tempo pasar con estas propostas de lectura. Para alén dalgún dos libros editados co gallo da SELIC e dispostos para a descarga, a biblioteca en liña do Auditorio de Galicia conta cun bo número de publicacións feitas a partir das exposicións que foron ocupando a Sala Isaac Díaz pardo ao longo dos anos. Se aínda non as viches, este pode ser un bo momento.

Suso de Toro | Aquí somos así
Aquí somos así, positivamente (Santiago)
Suso de Toro

Nano, un home duns corenta e cinco anos, desempregado e amigo do viño, relátalle nun ton coloquial e desenfadado a súa vida a un vendedor de xeados na Alameda. No seu relato, percorre a historia recente da cidade de Santiago en base ás súas propias vivencias e apreciacións persoais.
 
Alén dos xéneros
Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia
Comisaria: Anxela Caramés

En Alén dos xéneros exponse unha revisión das prácticas artísticas feministas desenvolvidas no contexto galego desde os anos noventa ata a actualidade. A exposición mostra subxectividades alternativas á mirada patriarcal, dando voz a narrativas identitarias que superan os estreitos límites da clasificación binaria dos xéneros, que distingue unicamente entre masculino e feminino.
 
Premios Auditorio
Premios Auditorio 2019

Territorio, memoria e xénero (identidade) marcan as temáticas en boa parte dos traballos presentados ao premio, e outro grupo importante de pezas presta máis atención á investigación sobre técnicas artísticas, procesos de traballo e novas linguaxes.
3. Para ver
[Imaxe: Rene Asmussen en Pexels]

Tamén son moitas as obras artísticas que, dunha ou doutra maneira, podes desfrutar na rede. Tes vídeo-poemas, espectáculos teatrais, galerías fotográficas ou mesmo vídeo-mensaxes que as e os artistas están a pendurar en aberto para ti. Deixámosche só unha pequena presada. Bota ollo!
Respira | María Lado
María Lado | III Festival Alguén que respira
Roi Fernández | Illas desertas
Roi Fernández | Illas desertas
Voadora | Lista de reprodución
Voadora  Teatro | Varios espectáculos
Berio Molina | Escapes
Berio Molina |  Escapes. Premio Audiorio de Galicia 2017
Teatro do Noroeste | Animais de compaña
Teatro do Noroeste | Varios espectáculos
Mercedes Peon | Wom@rts
Mercedes Peón |  Embaixadora do proxecto Wom@rts
4. Para xogar
Atopando Compostela
[Imaxe: Francesco Ungaro en Pexels]
Atopando Compostela

E se o que tes é gana de xogar, velaquí unha proposta coa que ademais aprenderás un lote de cousas dda nosa cidade.
Atopando Compostela
é un pasatempo para descubrir a toponimia de Santiago. O obxectivo do xogo é contestar preguntas de seis temas diferentes (medio, animais, plantas, xente, varia e probas) para conseguir as pezas dun crebacabezas do termo municipal de Santiago de Compostela no menor tempo posible.
Podes facelo en solitario ou con colegas.
Canto cres que sabes?






Axenda C | Compostela Cultura
Auditorio de Galicia.  Avenida Burgo das Nacións s/n.
C.P. 15705. Santiago de Compostela


Email Marketing por ActiveCampaign