Compartir
Preview
 
AXENDA C | Boletín
Letras Galegas na casa
Letras na casa
Ricardo Carvaho Calero [Foto:Moncho Rama | CCG]

Ana, en 2020 a celebración do Día das Letras Galegas trasládase, cando menos en parte, á contorna virtual. A rede abeira nestes días diversas iniciativas que homenaxean a figura de Ricardo Carvalho Calero e revisitan a fonda pegada que deixou este autor, estudoso e docente da lingua e literatura galegas.

A AxendaC recupera algunhas para que vaias encetando a celebración dende a casa e tráeche tamén, outra volta, o mapa de librarías de Compostela co aquel de proporche estender as compras deste ano en varios días para, así, evitar aglomeracións e esperas e facilitar o labor de libreiros e libreiras. Celebremos tamén que as librarías volven estar abertas.

 
 
As letras na casa

A Rede de Centros Socioculturais do Concello abriu un espazo en liña para sumarse á celebración con contidos específicos. A narradora oral, actriz e directora de teatro Paula Carballeira enceta co conto As sete bruxas de Ferrolterra unha presa de accións culturais en homenaxe a Carvalho Calero da man de contadoras, poetas, intérpretes e músicos ás que poderás asistir dende a casa. Preme no vídeo para ver a primeira delas e toma nota das datas e horarios para asistires ás seguintes na web e redes do Concello.

Paula Carballeira | Letras na Casa
Paula Carballeira |  As Letras na Casa
 
Polo correo do vento
14 de maio | 20.00 horas

Polo correo do vento é un colectivo especializado en actividades para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística de nenas e nenos.

Enrique Mauricio conta a historia de Carvalho Calero,  mentres Carlos Taboada a ilustra. Na fin, daranse as claves para deseñar a ao autor pasiño a pasiño.
 
María Lado
15 de maio | 20.00 horas

María Lado é poeta, escritora, actriz é directora teatral. Comezou a súa actividade poética no Batallón Literario da Costa da Morte e conta, hoxe en día, con numerosas publicacións en obras individuais e colectivas. É tamén autora de obras para público infantil e xuvenil como Porque Cuqui non quere ir á lavadora (Apiario, 2014), Entre os dous hai un río (Elvira, 2016), ou 5 minutos (Auga Editora, 2017).

 
Vero Rilo
16 de maio | 20.00 horas

Vero Rilo ten  longa e consolidara carreira como contadora. Educadora na Escola Semente, cursou estudos de iniciación ao teatro da man de Carlos Neira e outros específicos de narración con Charo Pita e Tim Bowley. A fronte de Daboapipa, moveu por toda Galicia e mesmo alén do Miño diversos espectáculos para público adulto e infantil.

 
Magín Blanco
17 de maio | 20.00 horas

Magín Blanco é un músico e cantante que leva máis dunha década achegando ao público miúdo unha proposta musical fresca e esixente.
A nena e o grilo no país das apertas, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo ou Camiños, son só algunhas das obras deste artista que participa tamén noutros proxectos musicais como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña. O seu son combina pop, rock, reggae e bossa nova en propostas que falan de singulares viaxes e aventuras nas que a imaxinación, a ilusión e a creatividade se dan a man para nos facer un chisquiño máis felices.

Mapa de librarías de Compostela
Mapa Librarías de Compostela

Ler algunha das obras de Ricardo Carvalho Calero ou de calquera das autoras e autores das nosas letras é unha das mellores maneiras de celebrar o 17 maio. Fai a túa escolma e visita as librarías da nosa cidade agora que volven estar abertas.
Preme na imaxe para acceder ao mapa de librarías de Compostela.

 
 
 

Axenda C | Compostela Cultura
Auditorio de Galicia.  Avenida Burgo das Nacións s/n.
C.P. 15705. Santiago de Compostela




Estás a recibir esta mensaxe como persoa subscrita á Axenda C de Compostela Cultura.
Sempre poderás
modificar os teus datos ou darte de baixa
nesta listaxe.


Email Marketing por ActiveCampaign